Continua a campaña contra as taxas
Xa que se empeñan en seguir subindo as taxas, os CAF convocamos a unha folga xeral o dia 29 de Abril para facer oir que non somos idiotas e que non estamos dispostos a seguir aturando esto.
1. Porque a conselleria de educacion ten intencion de volver subir as taxas para o vindeiro curso, o sétimo por riba do IPC, e manter os recargos por sucesivas matrículas
2. Porque as bolsas non estan sendo efectivas nun acceso igualitario ao ensino superior
3. Porque pagamos mais por menos e peores servizos
4. Porque é mentira que estas subidas non se noten: En tan so cinco anos subiu mais de 120€
5. Porque o estado segue a ser quen fixa o incremento minimo no IPC estatal
6. Porque o financiamento das universidades ten que incrementarse con cargo a un PLANO DE FINANCIAMENTO e non aos prezos públicos
Ante as continuas agresións que esta a sufrir a nosa universidade como servizo público o mecanismo mais efectivo para parar as consecuencias máis nocivas do Espazo Europeo de Educacion Superior son: A conxelación das taxas de matrícula, que os posgraos teñan o mesmo prezo que os graos e a garantía dun financiamento público suficiente para as universidades galegas.
Únete a folga, non permitas que te mexen por riba e enriba digan que chova




