A revolucion dos caraveis
25 de abril de 1974 mudou o panorama político e social de Portugal.. Produciuse unha revolución liderada por capitáns do exército que foi coñecida como a REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS. Revolución apoiada polo pobo e que puxo fin a 50 ANOS DE DITADURA DE SALAZAR. Deu paso non somentes á democracia, senón tamén aá descolonización de Angola, Mozambique, Guinea Bissau, S. Tomé e Príncipe e Timor.
Ás cero horas dun histórico e primaveral 25 de abril de 1974 o programa da Radio RenazenÇa, “Límites”, cmezou a emitir os acordes de “Grandola, Vila Morena” de Zeca Afonso, a figura máis importante da canción portuguesa deste século, unha peza clave da música popular de todo o mundo. Esta foi a consigna que puxo en marcha toda a engranaxe revolucionaria.
Iniciábase a REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS. Non era un golpe de Estado en sí, era o produto dunha situación insostíbel dunha ditadura que seguía no poder dende 1926. As guerras coloniais, fixeron que a maior parte dos militares se deran conta da inutilidade por manter o último imperio colonial de occidente, da súa crueldade. Cada familia portuguesa tiña un ou dous familiares combatindo en Mozambique ou Angola. Existía un sentimento antibélico dos xoves portugueses que se mobilizaron masivamente contra a guerra do Vietnam.
O poder económico ostentábano 100 familias, adesigualdade social era abismal: un de cada sete portugueses traballaba fóra do seu país para poder sobrevivir. A miseria no campo, cunha explotación latifundista, era escandalosa, e nas cárceres, cheas de presos políticos.
Pero Portugal, ó mesmo tempo, era un paraíso de fuxida para os nazis fuxidos, para monarquías sen reino (entre elas a española) ou para ditadores como Fulgencio Batista…
Non foi só un golpe de Estado, foi todo un movemento obreiro de folgas e loitas obreiras de anos anteriores, foi a participación do pobo que tomou as rúas como a única e auténtica garantía dun novo horizonte.
Despois viñeron moitas cousas, pero o primeiro ano e medio os cidadáns portugueses tiveron todo o protagonismo: a ocupación dos labregos dos latifundios do Alentejo, a nacionalización da banca e da maior parte da industria, a ocupación de fábricas polos traballadores. É dicir: unha popularización da economía, unha independencia colonial, UNHA AUTONOMÍA NACIONAL.
A sociedade portuguesa organizouse en barrios, en fábricas, no campo,…Soubo reaccionar ós novos intentos fascistas por afundir o froito da revoluvción. O demais veu co tempo: asocialdemocracia, España pechou as fronteiras, EEUU temeu un novo Chile…, o mundo enteiro andaba loitandopola xustiza, a igualdade e a liberdade.
Por iso, agora, despois dunha loita pola igualdade e pola xustiza, porque O POBO É QUEM MAIS ORDENA DENTRO DE TI O CIDADE, deberiams entonar de novo a canción, todos xuntos:
Grândola, vila morena
Terra de fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, o cidade.
Dentro de ti, o cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é que mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já nao sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já nao sabia a idade.
QUE NON SE NOS ESQUEZA NUNCA. A LIBERDADE NON DEBERÍA TER PREZO




